Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Para unha estética (e estilística) da lingua: sobre as palabras máis fermosas do galego

Xesús Alonso Montero

  • Palabras hai, en calquera lingua, que nos parecen intrinsicamente fermosas, notoriamente belas, consideración que comparten, ás veces, os iletrados cos máis doutos filólogos. Podería, pois, formularse, no eido do Vocabulario, unha Estética do idioma, que, na concepción de Bally (1909), tamén sería Estilística da lingua. Este é o criterio da Estilística da língua portuguesa de M. Rodrígues Lapa desde a súa primeira edición (1945), tratado que, nun dos seus primeiros capítulos, acolle as palabras portuguesas que máis impresionaron "estéticamente" en 1926, ao escritor e políglota Valery Larbaud. A nómina de palabras lidas escolleitas polo viaxeiro francés coincide, case totalmente, co galego, como teñen sinalado, desde 1947, Filgueira Valverde, Alonso Montero e Álvaro Cunqueiro. Sobre esas e outras palabras téñense pronunciado en Galicia ("estéticamente"), "motu proprio" ou en enquisas "ad hoc", profesores, escritores e escolares. Este artigo recolle unha boa parte desas escollas e pertinente consideracións.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus