Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resultados das sondaxes nun xacemento atípico da Idade do Ferro: Pena Redonda (Pontecaldelas, Pontevedra)

  • Autores: Alfredo González Ruibal
  • Localización: Cuadernos de estudios gallegos, ISSN 0210-847X, T. 52, Nº. 118, 2005, págs. 173-197
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O xacemento de Pena Reodnda é coñecido desde 1981 a raíz dunha intervención furtiva que sacou á luz restos dunha estructura circular e material da Fase I e II da Cultura Castrexa (800-400 a. C./400-100 a. C.). O interese do sitio radica no seu estraño emprazamento, pero dunha chan elevada e dominado por un outeiro. A paisaxe, onde abundan petroglifos, é máis propia do Bronce qeu do Ferro, e o lugar tampouco posúe unha morfoloxía típica de castro. A escavación de dúas cabanas, que foran afectadas polos furtivos, deu como resultado a constatación dunha longa ocupación durante as fases I e II, o qeu fai desbotar a idea de que se trate dun lugar de habitación ocasional e traza cuestións sobre a elección deste lugar determinado. A densidade histórica dos arredores e o particular escenario natural son indubidablemente factores que hai que ter en conta. A inexistencia de niveis posteriores ao século II a. C. -que permitiu a boa conservación dos restos prerromanos- reforza, se cabe, o interese deste xacemento.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno