O crecemento observado da preocupación polos valores medioambientais non responde exclusivamente a unha constatación por parte da poboación do incremento da degradación ambiental, senón a un cambio na xerarquía de valores. Isto compróbase seguindo as teses de Inglehart, segundo as cales estase a producir unha mutación na orde do sistema de valores, de xeito tal que a hexemonía mantida polos tradicionalmente entendidos como "materialistas", ceden importancia a prol doutras "postmaterialistas". Galicia non é unha excepción nese proceso e os datos extraídos das mostras na nosa Comunidade das Enquisas Mundiais de Valores amosan con claridade esa tendencia.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados