Esta investigación constitúe o estudio cuantitativo da poboación adolescente de A Coruña. A información obtívose a través dun cuestionario realizado a unha mostra representativa dos adolescentes comprendidos entre 12 e 15 anos que residen no concello. Dentro dos múltiples temas abordados ó longo deste traballo incluénse as análises dos contornos familar e educativo, a xerarquía de valores, as prácticas e hábitos de ocio ou o interese polas novas tecnoloxías. Outras cuestións como o consumo de alcohol e drogas, o interese pola sexualidade, a xustificación da violencia, ou a preocupación pola imaxe, analízanse igualmente aquí por ser este colectivo especialmente vulnerable a estas problemáticas. A análise dos datos obtidos pon de relevo as substanciais diferencias de xénero que se observan nestes tramos de idade.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados