Nesta novela Casares reconstrúe, a través dun maxestoso personaxe central beireado por outras tres criaturas presentes ou ausentes, en distintos temos e lugares, as tres principais modalidades da traizón humana: abandonar a muller amada por outra, optar por non apoiar a causa dun irmán, actuar contra o ideal colectivo ao que un parecía ser fiel e pasarse ao inimigo. Observando a distancia e en segredo, xulgado sen compracencia ningunha, e despois execuado simbolicamente polas vítimas da súa triple felonía, este deus caído convértese no máximo expoñente do que a posguerra quería agochar: sentimentos, ideas, feitos, a historia dun pobo perseguido polo franquismo ea verdadeira identidade dun traidor, un personaxe de ficción que se asemella parcialmente -quierámolo ou non- a Vicente Risco.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados