Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Consideracións sobre o período medieval na historiografía literaria galega

  • Autores: Santiago Gutiérrez García
  • Localización: Boletín galego de literatura, ISSN 0214-9117, Nº. 31, 2004, págs. 29-47
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Santiago Gutiérrez aborda un estudo das estratexias discursivas que emprega a historiografía literaria galega a partir do tratamento que recibe o período medieval. Salienta o peso da concepción nacionalitaria deste tipo de discursos, que buscan a reivindicación de formas de reapropiación simbólica, necesidade que se sente con especial forza no caso das literaturas minoritarias como a galega. Como resultado, observa un tratamento dispar dos diferentes periodos e xéneros da Idade Media, de acordo cao súa adecuación a estes postulados de carácter nacionalitario. Así o demostra, na súa análise, a identificación da lírica galego-portuguesa co momento de esplendor e a da prosa co de decadencia ou a posta en valor de elementos que se interpretan como peculiares fronte a aqueles quenon marcan a distancia respecto ao discurso hexemónico da literatura castelá e que non permiten, daquela, o autoafírmación,lexitimadora que é propia da historiografía literaria.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno