Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Análise do cultivo, procesado e consumo do mexillón cara unha economía circular

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

  • Localización: Eficiencia enerxética e medio ambiente na acuicultura: XXIII ForoAcui, 7 e 8 de outubro 2021 Pescanova Bionarine Center (O Grove, Pontevedra) ; XXXIII Ciclo Cultivanod o Mar, Evolución socioeconómica do marisqueo en tempos de coronavirus / coord. por Manuel Rey Méndez, Jacobo Fernández Casal, Miguel Lastres, Nieves González Henríquez, Xosé Antonio Padín Alvarez, 2021, ISBN 9788409439591, págs. 241-247
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O mexillón como alimento é unha gran fonte de proteínas. Este feito permite aumentar o cultivo e a transformación desta especie para o consumo. Ademais do seu elevado valor alimenticio, o cultivo do mexillón é un axente prometedor para reducir taxas de eutrofización no mar. Polo tanto, é necesario comprender as interaccións entre a acuicultura do mexillóns e o ecosistema e desenvolver unha industria sostible para a seguridade e o abastecemento de alimentos. O ciclo de vida do mexillón xera materia e enerxía residual que potencialmente provoca impactos ambientais no caso de ser vertidos no medio ambiente. Neste contexto, é inevitable estudar e avaliar criticamente os fluxos de residuos asociados a cada etapa do ciclo de vida e atopar unha metodoloxía prometedora que produza produtos de valor engadido para lograr un sistema circular sostible. Neste traballo, unha vez realizada unha revisión bibliográfica en profundidade, recompílanse os Fluxos Mellorables (FM) e as Mellores Técnicas Dispoñibles (MTD) que se poden adoptar durante o ciclo de vida dos mexillóns, así como os residuos xerados en cada etapa do ciclo de vida e os produtos de valor engadido, reducindo así impactos ambientais e mellorando a circularidade dos procesos de cultivo e transformación do mexillón. Finalmente, ademais engádese unha proposta de modelo de xerarquía de residuos para o mexillón.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno