Óscar Fuertes Dopico, Pablo Fraguela Casás
Os poboados mariñeiros aparecen na súa grande maioría durante o primeiro franquismo, na época da autarquía.Estes lugares, pensados especificamente para ser habitados pola xente que traballa no mar, foronpromovidos por diversas institucións como o Instituto Social de la Marina, a Obra Sindical del Hogar, asconfrarías de pescadores ou polos propios municipios. Estas promocións públicas de vivenda pretendíandar resposta á situación de vivenda precaria que sufrían os traballadores do mar. Existía a necesidade deproporcionar vivenda adecuada aos novos estándares.Os poboados mariñeiros organízanse en nova planta, con un trazado regular. Localízanse en tornoa localidades pesqueiras, pero de maneira separada, diferenciándose da trama existente rural ou urbana.Todos teñen en común a súa relación co mar, polo seu propio encaixe territorial ou pola súa relación visualdirecta con este. Os poboados mariñeiros posúen espazos públicos como prazas e zonas verdes, así comopequenos equipamentos como igrexas ou centros veciñais. A compoñente urbanística do MovementoModerno maniféstase nestes lugares na forma e disposición en planta, no ritmo e repetición de tipoloxías,e na búsqueda da vivenda mínima para mariñeiros. A tipoloxía residencial básica é a de vivenda unifamiliar desenvolta en planta baixa. Xeralmenteson construídas con materiais baratos pero que teñan relación co lugar e cos materiais da arquitecturavernácula da zona. A linguaxe da súa arquitectura tende ao rexionalismo, aínda que podemos observarcaracterísticas modernas.Os poboados mariñeiros representan un novo xeito de habitar o litoral galego, fronte aos núcleostradicionais mariñeiros. Así e todo, é posible establecer paralelismos entre os dous tipos de asentamentose a súa maneira de relacionarse co mar.No contexto da posguerra, os poboados de colonización son a experiencia máis próxima aos poboadosmariñeiros, e serven de modelo de referencia fronte a estes últimos.No artigo preséntase unha reflexión sobre a definición e consideración de poboado mariñeiro desdeunha óptica moderna, así como analizando se son parte da cultura marítima de Galicia a través da capacidadede xerar identidade e relación co mar. Realizarase unha procura e identificación dos poboados mariñeirosao longo da costa galega e afondarase en tres casos de estudo, seleccionados de entre os seus exemplosmáis significativos: Virxe das Mareas no Grove, o Barrio da Cañota en Marín e o Barrio do Chao en Celeiro
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados