Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Reflexións da mocidade galega universitaria ante a dominación lingüística

  • Autores: Estela Fidalgo Garra, Miguel Guisantes Alonso
  • Localización: Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. 17, 2025
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Este estudo explora as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega fronte á crecente hexemonía do inglés, nun contexto de contacto lingüístico global e transformación sociolingüística. O galego, tradicionalmente en situación de subordinación fronte ao castelán, enfróntase agora a novos retos derivados da expansión do inglés como lingua franca. A investigación analiza como dous grupos de discusión compostos por estudantado universitario de Galicia, un de falantes habituais de galego e outro de español, (co)constrúen discursos arredor da supremacía do inglés fronte á lingua propia e do concepto de multilingüismo. O traballo insírese na terceira vaga da sociolingüística e apóiase na Análise Crítica do Discurso, baseándose en investigacións previas sobre a construción do significado social da variación lingüística. Neste contexto, os resultados suxiren que, malia as diferenzas na lingua de uso habitual, a totalidade das persoas participantes reproduce un discurso que asume a premisa da dominación lingüística e un concepto de plurilingüismo reducionista. Deste xeito, o traballo contribúe á visibilización do impacto da globalización sobre as linguas minorizadas e á importancia de reverter unha serie de políticas que non están a promover unha convivencia lingüística equilibrada.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno