Nas últimas décadas, Galicia experimentou transformacións significativas nas súas dinámicas demográficas,nas que os fluxos migratorios, tanto de entrada como de saída, se definiron como importantes protagonistasda súa estrutura poboacional. Este capítulo ofrece unha panorámica pormenorizada da evolución dosfluxos de inmigración e emigración, co fin de comprender a súa relevancia na transformación demográficada comunidade. A partir de diferentes fontes estatísticas de datos secundarias do Instituto Nacional deEstadística (Estatística de variacións residenciais, Estatística do padrón continuo e o Padrón de españoisresidentes no estranxeiro) examínanse os fluxos migratorios que teñen Galicia como destino ou orixe nosúltimos 20 anos, e proporciónanse os datos necesarios para entender os retos e oportunidades asociados ádinámica migratoria da comunidade.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados