Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A evolución da emigración galega ao exterior e políticas autonómicas de retorno

Belén Fernández-Suárez, Sandra López Pereiro

  • Os datos de saídas e entradas que nos proporciona a Estatística de variacións residenciais (EVR) para ocolectivo de galegos/as de nacionalidade española e residentes no estranxeiro indican que dende o ano2017 se producen maiores movementos de regreso que volume de saídas. Non obstante, unha miradamáis profunda a esa escasa información estatística dispoñible apunta a que o perfil sociodemográficodas persoas que retornan (entradas) está caracterizado por idades próximas á xubilación: case un 60 porcento teñen entre 55 e máis anos, mentres que as persoas que están a marchar teñen un perfil inversocaracterizado polas idades máis novas, case un 52 por cento teñen entre 15 e 44 anos. Todo parece indicarque seguen a volver máis persoas en idades próximas ao final da súa vida laboral activa, e que seguemos aperder poboación nas idades iniciais da vida laboral, colectivo que podemos caracterizar baixo a etiquetade “nova vaga emigratoria galega”.As políticas de retorno fortemente incentivadas dende o goberno autonómico poden ser un apoio parafrear a conter a perda de poboación e poden incentivar a chegada de descendentes de galegos predispostosá emigración. A cuestión máis difícil de cotexar é o volume dese retorno, e nos preguntamos ata quepunto eses retornos van a provocar unha instalación duradeira en Galicia, e finalmente, se esa afinidade eproximidade coa identidade galega pode servir para a súa integración na sociedade de destino, debate queabordan en relación ás bolsas BEME as autoras Bermingham e Silva-Domínguez, 2024.As políticas de emigración e retorno en Galicia evolucionaron dende un enfoque asistencialista inicial aunha estratexia máis centrada na empregabilidade nun segundo momento, e finalmente, se centran noobxectivo do rexuvenecemento demográfico. Os programas clásicos, como Reencontros con Galicia,conviven con novas iniciativas enfocadas en atraer a xente nova e talento cualificado, como as bolsas paraestudos e programas de formación profesional.Dende 2020, as políticas de retorno teñen un enfoque transversal que implica diversos departamentos eestán orientadas a atraer galegos/as que residen no exterior, especialmente os máis novos, para dinamizardemografica e economicamente Galicia. Esta estratexia busca fomentar o retorno de persoas con vínculosco territorio e captar talento para fortalecer o tecido produtivo galego


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus