Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de “Busto de mulher” ou o retrato de Rosalía de Castro por José de Brito

María dos Anxos García Fonte, José André Ponte da Luz Martins de Sousa

  • Baixo este título común agrúpanse dous artigos que son o resultado dunha investigación conxunta dos autores con motivo do descubrimento dun retrato de Rosalía de Castro realizado por José de Brito, exposto no Museu de Artes Decorativas de Viana do Castelo: “A luz do seu rostro. Unha interpretación da Homenagem a Rosalía de Castro de 1923 en Viana do Castelo” de M.ª dos Anxos García Fonte e “O retrato na penumbra” de José André Ponte da Luz Martins de Sousa. Nestes traballos, os investigadores tentan esclarecer e interpretar as circunstancias que rodearon a execución e conservación do retrato, poñéndoo en relación coa historia das relacións culturais entre Galicia e Portugal nas primeiras décadas do S. XX e coa importancia do Instituto Histórico do Minho no establecemento de ligazóns de colaboración entre institucións e personalidades significativas a un e outro lado da fronteira do Miño.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus