Enfermeiros do Centro Integral de Saúde (CIS) de Lugo foron galardoados co primeiro premio da reputada “Beca Trisquel” no VI Congreso da Sociedade Galega de Feridas celebrado na cidade de Vigo o pasado 13 e 14 de setembro.
O caso clínico premiado foi o titulado “Otra lesión por presión, pero cicatrizada por los determiantes sociales. Recuerda, abordaje holístico”.
As lesións por presión (LPP) teñen una prevalencia significativa nos coidados de Enfermaría na Atención Primaria no día a día, por iso non se deben de esquecer os determinantes sociais que poden interferir na súa cicatrización.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados