Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Animais que entran na casa e animaisque entran na vida. Unha achega á obrade concha castroviejo dende a ecocríticae os estudos animais

Ana Acuña Trabazo

  • galego

    Catalogada por Borobó (2002) como a escritora máis importante que deu Compostelano século pasado, el mesmo era consciente de que poucos se acordan de Concha Castroviejo(Santiago de Compostela, 1910 – Madrid, 1995). Foi estudada como muller novelista naposguerra e as súas novelas considéranse testemuñais do momento histórico no que viviu(Guerra Civil, exilio e retorno) porque refl icten as desigualdades que sufriron as mulleresa todos os niveis (Conde Peñalosa 2004a, 2004b). A pesar de ser pouco coñecida, ConchaCastroviejo foi unha muller revolucionaria no seu tempo capaz de superar barreiras familiares e sociais para lograr un cuarto propio e capaz de formular temas rompedores no seumomento (divorcio, pena de morte, dereitos das mulleres, coeducación, etc.). A escrita deConcha Castroviejo, dedicada a múltiples xéneros (novela, conto, ensaio literario, artigoxornalístico, crítica literaria, etc.), pode abordarse dende diferentes perspectivas, sobre todocomo resultado da Guerra Civil e do exilio mexicano. Con todo, a nosa proposta pretendepartir da ecocrítica e dos estudos animais para estudar a presenza da natureza e dos animaisnon humanos na súa produción (ou mellor, na súa casa e na súa vida, como ela mesmadistinguiu [Castroviejo 2020]). Precisamente os animais non humanos non aparecen na súaobra como ornamentos literarios senón como suxeitos que lle permiten á escritora ser consciente da súa sentiencia e refl exionar sobre as relacións humanimais.

  • English

    Even though he had called Concha Castroviejo (Santiago de Compostela, 1910 –Madrid, 1995) the most important writer of the last century hailing from Compostela, Borobóhimself was aware that few remember her. She has been the object of study as a femalenovelist of the post-war period, and her novels are considered testimonials of the historical moment in which she lived (Civil War, exile and return) because they refl ect the inequalities that women suff ered at all levels. Despite being little known, Concha Castroviejo wasa revolutionary woman in her time, capable of overcoming familial and social barriers toacquire “a room of her own” and of introducing ground-breaking themes in her works(divorce, death penalty, women’s rights, co-education, etc.). Her writing, spanning multiplegenres (novel, short story, literary essay, journalistic article, literary criticism, etc.), can beapproached from diff erent perspectives, especially as a consequence of the Civil War and theauthor’s Mexican exile. Nevertheless, in our paper, we use ecocriticism and animal studiesas a starting point to study the presence of nature and non-human animals in her oeuvre(or rather, in her home and in her life, as she herself distinguished). Indeed, non-humananimals do not appear in her work as literary ornaments but as subjects that allow the writerto become aware of her sentience and to refl ect on humanimal relations.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus