Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Centenario do primeiro observatorio de Galicia (31 de agosto de 1924-2024)

  • Autores: Cecilia Doporto Regueira, Antonio Vidal Neira
  • Localización: Lucensia: miscelánea de cultura e investigación, ISSN 1130-6831, Vol. 35, Nº. 69, 2024, págs. 175-186
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Neste traballo queremos mostrar a relevancia que logrou no mundo da investigación astronómica o presbítero, matemático e astrónomo Ramón María Aller Ulloa, desde o seu observatorio particular de Lalín, que foi tamén o primeiro de Galicia. Aller puxo a disposición da sección de Ciencias do Seminario de Estudos Galegos o seu observatorio particular no ano 1928 e pódese considerar que foi na súa casa, nos primeiros anos do século XX, onde empezou a investigación astronómica en Galicia e, sobre todo, o estudo das estrelas dobres visuais e os métodos para a determinación de coordinadas, que se basean nas observacións de pasos por dúas verticais.

      O científico Aller Ulloa emprendeu unha nova etapa o día que inaugurou estas novas instalacións, facendo anotacións en dous cadernos de cúpula titulados: Registro de observaciones verificadas en Lalín e faino, por primeira vez o día 31 de agosto de 1924. Inicia as primeiras observacións no novo edificio cos aparellos que tiña: un teodolito Trougthton&Simms, o ecuatorial con pé de Carl Zeiss (de 108 mm de abertura e 108 cm de distancia focal), uns anteollos de Steinheil e un cronómetro Henry Appleton. Para don Ramón esta edifición viña sendo o seu terceiro lugar de observación. O primeiro foran as ventás e galerías da súa casa familiar, na rúa Donramiro “9” de Lalín. O segundo, dúas casetas de planta cadrada que comezara a construír no ano 1912 e xa as rematara no ano 1917. Estas dúas edificacións estiveron en activo ata abril de 1923, pero sería no mes de marzo do ano 1925, cando chega a Lalín o novo refractor ecuatorial Steinheil, que lle permitiu facer observacións de maior precisión.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno