O presente traballo pretende recordar a revista Ronsel, ao cumprirse 100 anos da súa publicación, e por dispoñer de valiosas informacións nunca antes publicadas sobre a súa historia. Trátase de informacións proporcionadas, hai xa cincuenta anos, por destacadas persoas do mundo da cultura galega daquel tempo, moi particularmente por varios membros do equipo da publicación, como o seu fundador e director, Evaristo Correa Calderón, que fornecen o coñecemento da intrahistoria de Ronsel.
Acometemos este artigo intentando valorar e contextualizar a publicación dentro do renacer cultural, ideolóxico e político da Galicia dos anos xx, así como analizando a súa vinculación coa eclosión editorial e artística xurdida en Europa e América no primeiro cuarto dese século, na que as revistas xogaron un papel decisivo. Con Ronsel, irmá menor da coruñesa Alfar, Galicia situouse dentro das coordenadas internacionais da modernidade.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados