A Nélida Piñon narradora comezou a facerse no Brasil, a través dos contos coa que a alimentaba a nai, herdeira da mellor tradición oral galega. Aos catorce anos era xa unha lectora voraz, orientada pola súa profesora de grego no colexio alemán onde estudou. A autora desvela neste traballo algunhas das confesións que Nélida Piñon deixou plasmadas no inédito arquivo persoal que custodia, así como outras cuestións arredor dos libros e da vida da narradora, da súa rede de amizades e do vínculo con Galicia dende distintas perspectivas.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados