Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Luísa Villalta, poeta da cidade

  • Autores: Xosé María Álvarez Cáccamo
  • Localización: Boletín da Real Academia Galega, ISSN 1576-8767, Nº. 385, 2024 (Ejemplar dedicado a: Luísa Villalta), págs. 133-142
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Entre os libros dedicados á exploración poética do ser e o sentido da Cidade sobrancea a grande altura En concreto (2004) de Luísa Villalta, unha contribución decisiva ao curso da nosa historia literaria de todos os tempos.

      Leo En concreto como crónica dunha viaxe iniciática, a realizada pola poeta protagonista a través das rúas e prazas da Cidade, entidade abstracta e arquetípica cuxo referente é A Coruña, nomeada exclusivamente por medio dun breve conxunto de topónimos. A viaxeira camiña en procura do coñecemento das claves da Cidade antropomórfica, con cuxo corpo se funde en prodixioso acto de consubstanciación mentres vai experimentando o proceso da súa propia metamorfose interior.

      A inquisitiva exploración, realizada con versátil e complexa óptica plural —existencial, antropolóxica, sociolóxica, política e simbólica— persegue tamén a análise dos comportamentos do colectivo cidadán, maiormente sumido na pasividade e no conformismo.

      A experiencia iniciática desenvolta nos poemas de En concreto produciu un importante efecto de transformación do suxeito protagonista. Tamén a Cidade e os seus habitantes —malia a frecuente declaración crítica de decepción e desánimo— resultaron transformados como resultado da vixiante posición interpretativa adoptada no libro, fundamental logro da alta intelixencia creativa de Luísa Villalta.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno