Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A narrativa de Luísa Villalta: un relato de compromiso e innovación

    1. [1] IES David Buján
  • Localización: Boletín da Real Academia Galega, ISSN 1576-8767, Nº. 385, 2024 (Ejemplar dedicado a: Luísa Villalta), págs. 79-89
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A narrativa de Luísa Villalta, como o resto da súa obra, está gravada por tres propiedades fundamentais: o compromiso, a reflexión e a innovación formal. O primeiro compromiso establéceo co pensamento crítico como ferramenta que lle serve para afondar na sociedade galega de finais do xx. Os desafíos da identidade galega na xeira do capitalismo tardío, a despersonalización que se deriva das dinámicas económicas postindustriais, o feminismo, o ecoloxismo ou o papel da arte vertebran os relatos desde a perspectiva ampla e racional que proporciona unha vasta bagaxe cultural.

      É precisamente esta erudición sobre a produción intelectual da época a que permite que coñeza ben os trazos da narrativa experimental de factura posmoderna. Así, leva á práctica a hibridación, o cuestionamento da linealidade temporal, a exploración sobre os límites entre sono e vixilia ou ficción e realidade, o perspectivismo e a preferencia por voces narradoras pouco convencionais. Para alén disto, aposta por personaxes femininas que contraveñen todos os lugares comúns. As protagonistas, coma ela, emerxen das inscricións que teñen a ver coa introspección, o xuízo e o degoiro de coñecer.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno