A Coruña, España
ste traballo analiza a construción da imaxe do Camiño de Santiago e do Xacobeo, a partir do exame da súa cobertura mediática na prensa nacional, co obxectivo de comprobar se se pon de manifesto nesta imaxe proxectada o seu carácter polisémico, é dicir, a pluralidade e riqueza de significados, valores e funcións como resultado da convivencia das múltiples dimensións que converxen neste espazo. Con esta finalidade efectúase, a través da hemeroteca My News, unha análise cuantitativa e cualitativa dos textos xornalísticos publicados entre os anos 2000 e 2019, considerando diversas variables como son a frecuencia global dos termos “Camiño de Santiago” e “Xacobeo”, a sección na que se localiza a información, o xénero discursivo utilizado, o ámbito xeográfico obxecto de atención, as principais palabras clave ou as dimensións temáticas máis frecuentes, entre outras. A análise dos novos escenarios mediáticos nos que a prensa española sitúa o Camiño de Santiago e o Xacobeo pon de manifesto, fundamentalmente, a súa dimensión cultural e turística. Descóbrese, así, a proxección dunha imaxe pública que é, neste sentido, parcial e selectiva. Estes achados presentan importantes implicacións para as estratexias de comunicación e o posicionamento desta ruta de peregrinación.
This paper analyzes the construction of the image of the Way os Saint James and the Xacobeo based on the examination of its media coverage in the national press. The main objective is to verify the plurality and richness of meanings, values and functions as a result of the coexistence of the multiple dimensions that converge in this space. For this purpose, a quantitative and qualitative analysis of the journalistic texts published between 2000 and 2019 is carried out through the My News library, considering various variables such as the global frequency of these terms, the section in which the information is located, the discursive genre used, the geographic scope of attention, the main keywords or the most frequent thematic dimensions, among others. The analysis of the new media scenarios in which the Spanish press positions the Camino de Santiago and the Xacobeo fundamentally reveal its cultural and tourist dimension. The projection of a public image is thus discovered that is, in this sense, partial and selective. These findings have important implications for the communication strategy and positioning of this pilgrimage route
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados