Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Violencia cara ás mulleres: xustificacións asociadas ao mantemento dás actitudes sexistas

María Patricia Navas-Sánchez, Jesica Misa Martínez, Laura Montes Vicente

  • O sexismo é un factor de risco determinante para a violencia de xénero. Do mesmo xeito, en casos de violencia contra a muller, son frecuentes distorsións cognitivas que xustifican o comportamento sexista en agresores e en vítimas. Por iso, é necesario analizar a asociación do sexismo ambivalente e os mecanismos de desconexión moral de Bandura para coñecer se estes mecanismos actúan como factores de vulnerabilidade para a tolerancia cara á violencia de xénero. Douscentos dezaoito participantes galegos/as, de idade adulta (M = 40.96; DT = 11.24), cubriron o Inventario de Sexismo Ambivalente (ASI) e a Escala de Propensión á Desconexión Moral (PMDS; Moore, 2012). Tras diversas análises, os resultados obtidos mostran claras asociacións entre desconexión moral e sexismo. As actitudes sexistas hostís asociáronse cos mecanismos de atribución de culpa á vítima e deshumanización, mentres que as actitudes sexistas benevolentes asociáronse tamén co mecanismo de difusión da responsabilidade. Finalmente destácase a importancia de traballar estes mecanismos de desconexión moral como variable cognitiva para á detección de condutas e a aceptación acrítica dos roles de xénero tradicionais


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus