Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Violencia cara ás mulleres: xustificacións asociadas ao mantemento dás actitudes sexistas

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

  • Localización: (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019 / Ana Jesús López Díaz (ed. lit.), Águeda Gómez Suárez (ed. lit.), Eva Aguayo Lorenzo (ed. lit.), 2019, ISBN 978-84-9749-758-9, págs. 431-440
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O sexismo é un factor de risco determinante para a violencia de xénero. Do mesmo xeito, en casos de violencia contra a muller, son frecuentes distorsións cognitivas que xustifican o comportamento sexista en agresores e en vítimas. Por iso, é necesario analizar a asociación do sexismo ambivalente e os mecanismos de desconexión moral de Bandura para coñecer se estes mecanismos actúan como factores de vulnerabilidade para a tolerancia cara á violencia de xénero. Douscentos dezaoito participantes galegos/as, de idade adulta (M = 40.96; DT = 11.24), cubriron o Inventario de Sexismo Ambivalente (ASI) e a Escala de Propensión á Desconexión Moral (PMDS; Moore, 2012). Tras diversas análises, os resultados obtidos mostran claras asociacións entre desconexión moral e sexismo. As actitudes sexistas hostís asociáronse cos mecanismos de atribución de culpa á vítima e deshumanización, mentres que as actitudes sexistas benevolentes asociáronse tamén co mecanismo de difusión da responsabilidade. Finalmente destácase a importancia de traballar estes mecanismos de desconexión moral como variable cognitiva para á detección de condutas e a aceptación acrítica dos roles de xénero tradicionais


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno