Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Psicoloxía vocacional e programas de orientación profesional: aspectos conceptuais básicos

  • Autores: Camilo Isaac Ocampo Gómez, Sonia Ferro Cid, Manuel Ojea Rúa
  • Localización: Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación: revista de estudios e investigación en psicología y educación, ISSN 1138-1663, Vol. 7, 2001, págs. 33-42
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Os programas de educación para a carreira, sobre todo aqueles que están baseados no concepto evolutivo da madurez e a conducta vocacional, teñen como obxectivo básico promover a toma de decisións das persoas para a transición á vida adulta e utilizan o desenvolvemento do concepto de si mesmo como un elemento relacional básico para a futura toma de decisións académica e profesional dos xoves.

      Pero, a persoa apréndese de e na experiencia, esta aprende (autoaprende) do que fai e do resultado das súas accións, sendo o curso de acción o concepto clave no que consiste a persoa como suxeito activo (cognitivo). Polo que, a construcción do autocoñecemento é un proceso dinámico caracterizado pola propia acción persoal no contexto no que se desenvolve o suxeito, o que recomenda a busca de modelos educativos globais, favorecedores dunha Planificación educativa caracterizada por un proceso interactivo entroncado na realidade mesma, onde, por outra banda, sitúanse as metas que ditos programas queren conseguir.

      Desde este punto de vista, os proxectos de traballo implican un modelo de educación total que constitúen unha alternativa importante na procura dunha axeitada educación para a carreira.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno