Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O estudo do xogo dos bolos en Boiro: aspectos históricos, estado actual de práctica e perspectivas de futuro

  • Autores: José Eugenio Rodríguez Fernández
  • Directores de la Tesis: José Palacios Aguilar (dir. tes.), José María Pazos Couto (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade da Coruña ( España ) en 2013
  • Idioma: español
  • Número de páginas: 494
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Pedro Gil Madrona (presid.), Cristina López Villar (secret.), Concepción Tuero del Prado (voc.), Xurxo Dopico Calvo (voc.), Roberto J. Barcala Furelos (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: RUC
  • Dialnet Métricas: 13 Citas
  • Resumen
    • O traballo de investigación recolle as particularidades da práctica do xogo dos bolos no concello de Boiro (A Coruña), o único municipio da provincia onde na actualidade se mantén vivo este xogo popular e tradicional, un dos máis practicados en todo o mundo nas súas diferentes modalidades e variantes.

      A primeira parte do estudo recolle a presentación global do traballo, os aspectos motivacionais que levaron ao autor a desenvolver a investigación neste campo, a súa xustificación e os antecedentes e estado da cuestión, onde na revisión bibliográfica realizada extraeuse que as referencias ao xogo dos bolos en Boiro era nulas.

      Na segunda parte faise referencia ao marco teórico do estudo, analizando as virtudes do xogo e concretando máis nun tipo particular deles: os xogos e deportes populares e tradicionais. Dentro do amplo abano de destes xogos, profundízase nun deles, o xogo dos bolos, facendo un percorrido pola historia e evolución en España, concretando máis o estudo na CCAA de Galicia. Realízase un estudo detallado nas catro provincias galegas e, sobre todo, no concello de Boiro.

      Na terceira parte, logo de contextualizar o lugar onde se realizou o estudo, expóñense os obxectivos da investigación e as características do deseño e estratexias metodolóxicas empregadas para a obtención de datos. Unha metodoloxía cualitativa, que emprega como principais ferramentas a entrevista individual, o cuestionario e a observación directa, recolle as características do xogo dos bolos en Boiro, analizando as causas que motivaron o seu paulatino decaemento ata a actualidade e establecendo propostas para a súa recuperación e conservación, análise na que interveñen antigos xogadores, técnicos deportivos municipais, políticos locais, técnicos dos medios de comunicación con maior difusión na bisbarra, mestres de Educación Primaria (especialistas en Educación Física) e profesores de Educación Secundaria (especialistas en Educación Física).

      Elabórase o primeiro regulamento do xogo, guía pola que actuais e futuros xogadores se poden basear e co que se garante o seu coñecemento no caso de que a tradición oral chegue a perderse.

      Remata o estudo coas principais conclusións, propostas, referencias bibliográficas empregadas e anexos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno