Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O debate sobre a identidade feminina na obra de Rosalía de Castro

  • Autores: Diego Pardo Amado
  • Directores de la Tesis: María Pilar García Negro (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade da Coruña ( España ) en 2011
  • Idioma: gallego
  • Número de páginas: 645
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Aurora López López (presid.), Carme Fernández Pérez-Sanjulián (secret.), Francisco Rodríguez (voc.), Kathleen N. March (voc.), Kirsty Hooper (voc.)
  • Materias:
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • O principal obxecto da presente Tese de Doutoramento consiste en estudar o debate sobre a identidade feminina na obra completa de Rosalía de Castro (en galego e español) en orde a demostrar que, tanto as circunstancias vitais da artista como a realidade histórica e sociolóxica, fican plasmadas na súa produción. O sistema de análise utilizado sérvese de contribucións epistemolóxicas da teoría literaria feminista e de instrumentos metodolóxicos procedentes da socioloxía literaria.

      Ao longo do século XIX, a identidade feminina ocupa a centralidade do debate público. De forma paralela ás mudanzas que propuñan a instauración dun novo equilibrio entre os poderes civís e eclesiásticos, discútese o acceso da muller ao sistema educativo e ao traballo remunerado.

      Despois de revisar algúns dos episodios biográficos de maior relevancia, empréndese unha breve aproximación á recepción e fortuna crítica da produción rosaliana entre 1857 e 1916. Descóbrense puntos de inflexión, tendencias e influencias, para alén de comprobar que o proceso excedeu o plano do meramente literario, sumíndose en debates de natureza política, lingüística e cultural.

      A obra rosaliana é analizada non só polo seu valor literario, mais tamén considerando as súas dimensións cívica e pública. Concédese protagonismo ao sistema legal decimonónico para estudar a institución matrimonial e as súas implicacións para a muller escritora. Ao mesmo tempo, esta temática relaciónase co papel desenvolvido pola Igrexa católica e mais coa progresiva secularización da sociedade.

      A Tese Doutoral analiza o discurso relixioso da poeta de Padrón e reflexiona acerca da súa concepción do amor, o matrimonio e a soltaría, en relación co contexto histórico e social do século XIX. A investigación complétase cun apartado de Anexos en que se reproduce unha parte da documentación consultada.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno