Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Edición diplomática enfrontada de B e V: cuestións de paleografía, codicoloxía e crítica textual da Lírica profana galego-portuguesa

  • Autores: Antonio Fernández Guiadanes
  • Directores de la Tesis: Mercedes Brea López (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2023
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • A presente tese ofrece unha transcrición completamente conservadora dos textos comúns ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B) e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V), que se complementa coa transcrición das notas marxinais, a indicación das correccións por sobreescritura e dos desprazamentos abreviativos. Coa finalidade de mostrar a utilidade do material así presentado para a posterior elaboración de edicións críticas, estúdanse algúns loci critici que se detectaron nas cantigas. Tras o estudo das lecturas propostas polos editores anteriores, unha vez analizados os mecanismos de erro no proceso de copia na fase de anotación do texto paleográfico, procédese a aceptar ou discutir esas lecturas, matizándoas ou, no seu caso, propoñendo outras que poidan mellorar a base textual das pezas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno