Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A lingua da Terra de Viana do Bolo. Descrición dialectal e análise do cambio lingüístico

  • Autores: Concepción Álvarez Pousa
  • Directores de la Tesis: Francisco Fernández Rei (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2021
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Manuel González González (presid.), Xosé Henrique Costas González (secret.), Maria da Purificação Moura Silvano (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Lingüística por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • tese de doutoramento ten por finalidade describir a lingua do concello ourensán de Viana do Bolo, variedade do galego oriental pertencente á microsubárea O Bolo-Viana, encadrada na subárea Valdeorras-Viana da área oriental-central. Para a análise da devandita variedade pártese esencialmente dun amplo corpus oral formado polo discurso libre de tres xeracións de informantes en moitos puntos do municipio, que permite describir o vianés a través dos ámbitos da fonética, a morfosintaxe e o léxico e concretar as súas peculiaridades dentro do bloque oriental, especialmente en relación coas variedades próximas zamoranas. Asemade, estúdase a variación e o cambio lingüístico en tempo aparente no concello de Viana para ver como o cambio afecta no mantemento da variedade, cales son as variables máis propicias á mudanza e os posibles factores que influencian este feito. Esta análise baséase no conxunto do devandito corpus oral do que se realizou unha escolma de 25 etnotextos correspondentes a outras tantas parroquias, que figuran no anexo. Tamén se analiza o cambio en tempo real ao contrastar material do corpus da tese, sobre todo o do período 2016-2019, co material recolleito en 1975 para o punto O.17 Viana do Bolo do Atlas Lingüístico Galego coa finalidade de obter unha visión completa da evolución da lingua vianesa.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno