Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Franciscanismo galego medieval. Compendio documental e estudo da sociedade e mentalidades

  • Autores: Andrés García Cid
  • Directores de la Tesis: Francisco Javier Buide del Real (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2021
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • Empregando diferentes fontes e bibliografía realizouse un estudo das diferentes ordes franciscanas da Galicia actual no transcurso dos séculos XIII, XIV e XV. Utilizáronse maioritariamente fontes editadas e bibliografía de apoio para este estudo, non obstante, editáronse tamén novos documentos, os cales constitúen a columna vertebral desta tese de doutoramento. No referente á temática abordada neste traballo fíxose un percorrido polos tópicos clásicos de todo estudo sobre unha orde regular, como sería un breve estudo dos conventos, a súa labor cultural ou, tendo en conta esta orde, a viaxe do seu fundador a Compostela; temas que se unirían ao da espiritualidade e ao das relacións existentes entre o franciscanismo e os diferentes estamentos da sociedade feudal galega, sendo estes os temas principais deste traballo. Fíxose tamén fincapé en abrir novas vías de investigación e incluso se fixo unha investigación filolóxica na documentación, algo que, en conxunto, busca esclarecer e presentar novas ideas sobre a temática do franciscanismo galego medieval.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno