Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A coeducación das emocións e dos sentimentos da educación secundaria: deseño, desenvolvemento e avaliación da experiencia emocionadxs

Aixa Permuy Martínez

  • Dentro dunha sociocultura esencialmente cisheteropatriarcal, capitalista, neoliberal e hiperracional, xa non é que non se lle estea concedendo a importancia que se merecen ás emocións e aos sentimentos, senón que se están a obviar, reprimir e misnusvalorar, asociándoxs a unha vulnerabilidade supostamente perigosa.

    O obxectivo deste traballo é presentar a experiencia EmocionadXs, -as súas orixes, a súa historia e os seus efectos-. Un proxecto sobre educación do sentir desenvolto con alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria do IES Xulián Magariños de Negreira; froito da fonda convicción sobre as oportunidades de desenvolvemento que representan este tipo de actividades na adolescencia, tanto individual como colectivamente.

    EmociónadXs é un relato sobre as oportunidades de abordar sociocoeducativamente o sentir na adolescencia; que incrementa o corpus teórico da coeducación e máis da educación emocio-sentimental a través da proposta dun novo enfoque dentro das ciencias afectivas: a coeducación das emocións e dos sentimentos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus