Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Edición crítica e estudo dos textos anónimos da lírica profana medieval galego-portuguesa

  • Autores: Dulce María Fernández Graña
  • Directores de la Tesis: Carlos Paulo Martínez Pereiro (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade da Coruña ( España ) en 2007
  • Idioma: español
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Manuel Ferreiro Fernández (presid.), Laura Tato-Fontaíña (secret.), Jose Benito Arias Freijido (voc.), José-Martinho Montero Santalha (voc.), José Luis Rodríguez Fernández (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: RUC
  • Resumen
    • Coa convicción de que todo autor ten un estilo particular de facer literatura que o individualiza diferenciándoo dos demais, a tese de doutoramento Edición crítica e estudo dos textos anónimos da lírica profana medieval galego-portuguesa naceu coa intención de contribuír a determinar a autoría dos textos anónimos da lírica trobadoresca galego-portuguesa, utilizando como método a análise comparativa retórico-estilística das cantigas anónimas confrontándoas coas dos seus posíbeis autores.

      O campo de estudo abranxía nun principio todas as cantigas de dubidosa atribución, fose por ausencia total da mesma, por dupla atribución a autores diferentes, ou por dúbidas entre a asignación a un ou outro autor, debido a unha defectuosa transmisión textual ou á carencia de datos históricos que guiasen a investigación por esa vía. Ao ver que o corpus resultaba excesivo aplicáronse criterios de restrición que afectaron entre outros casos os textos postrobadorescos e os 'Lais de Bretanha'. Para determinar as composicións que serían editadas e examinadas máis polo miúdo, tomáronse en consideración a escasa claridade das circunstancias codicolóxicas que rodeaban a súa transmisión e a ausencia de datos históricos fiábeis sobre os seus posíbeis autores, razóns que dificultaban a pescuda autorial por estas vías, así como a falta de consenso entre os investigadores anteriores para acadaren unha conclusión atributiva común. O corpus editado quedou desta forma reducido a vinte cantigas que carecen na súa totalidade de atribución explícita, xa que todas están recollidas só no Cancioneiro da Ajuda. Por cotexo cos demais manuscritos e con axuda das fontes históricas, estes poemas son atribuíbeis (na maior parte dos casos) hipoteticamente a un, dous ou tres trobadores posíbeis.

      Con respecto á edición dos textos, poucos foron os problemas ecdóticos suscitados, que se concentran en dúas cantigas fragmentarias: no caso da cantiga I, [.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno