Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Ocios e adolescentes: un estudo dos usos e as alternativas socioeducativas aos tempos libres do alumnado da E.S.O. En España

Juan José Lorenzo Castiñeiras

  • A investigación que se presenta neste informe de Tese de Doutoramento analiza o que sucede nos tempos libres do alumnado escolarizado na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) en España. Cun enfoque que se nutre dos Estudos de Ocio e unha ollada multidisciplinar, abórdanse ámbitos diversos que abranguen unha ampla variedade de temáticas, como os usos cotiáns dos tempos libres, afondando na súa distribución e frecuencia, así como na organización de horarios e calendarios; os hobbies practicados e as preferencias de ocio, valorando especificamente as causas que dificultan a accesibilidade ás experiencias desexadas; a sensación de agobio e fatiga do colectivo en relación aos quefaceres frecuentes; a percepción de benestar do alumnado relacionándoa coa organización diaria dos tempos e preguntando directamente sobre o estado de saúde, a satisfacción coa imaxe corporal e a consideración de persoa fisicamente activa; a condición da adolescencia de nativa- interactiva dixital e o tempo que dedican ás pantallas; etc.

    Todas estas variables son contrastadas en base ao sexo do alumnado, o ámbito territorial, o curso de escolarización, a titularidade do centro e, puntualmente, tomando en consideración outros elementos de identificación (de orde territorial, familiar, etc.).

    A metodoloxía desenvolvida parte inicialmente do cualitativo, orientando lecturas e motivando reflexións, para achegarse ao obxecto de estudo a través dunha proposta inferencial co tratamento de enquisas; fundamentalmente, as aplicadas ao alumnado da ESO no conxunto do Estado. Os resultados presentados acompáñanse das probas estatísicas requiridas segundo a tipoloxía das variables e as relacións exploradas. A investigación culmina nun conxunto de conclusións formuladas en clave sociopedagóxica e que remiten, con carácter propositivo, ao potencial da Educación do Ocio para a mellora do benestar e as condicións de vida do colectivo adolescente.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus