Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960

  • Autores: Xoana Pintos Barral
  • Directores de la Tesis: Ricardo Gurriarán (dir. tes.), Gerardo Prieto Estévez (tut. tes.), Manuel R. Bermejo Patiño (tut. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2016
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: María Isabel Fernández García (presid.), Ana María González Noya (secret.), Purificación Mayobre Rodríguez (voc.), Dorinda Mato Vázquez (voc.), María Mercedes Álvarez Lires (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • O obxectivo principal deste traballo era coñecer como se producira o acceso feminino aos estudos experimentais na Universidade de Santiago dende a promulgación da R.O. de 8 de marzo de 1910 que recoñecía o dereito das mulleres a cursar estudos libremente nos centros oficiais de ensino. Un segundo aspecto consistía en darlles visibilidade como parte integrante desta institución educativa superior, a única existente en Galicia naquel momento.

      Nunha primeira parte desenvolvemos un marco teórico sobre a perspectiva de xénero, estudos de xénero e conceptos clave. Na segunda expoñemos o marco histórico con referencia á educación superior das mulleres. Finalmente na terceira parte, afondamos na análise da presenza das mulleres nas facultades de Ciencias, Medicina e Farmacia, únicas facultades experimentais na US no momento do noso estudo.

      O método empregado foi a análise dos libros de rexistro de matrícula que se encontran no Arquivo Histórico Universitario, examinando tamén outra documentación neste e noutros arquivos.

      Habería que xustificar o acoutamento da tese entre 1910 e 1960 en función da restritiva lexislación vixente sobre o uso documental e persoal.

      As alumnas procedían principalmente de áreas urbanas, gardando especial relación co emprazamento de centros de ensino medio. O perfil familiar das estudantes era de clase media/ media alta, observando baixa representación das rendas máis baixas. O éxito académico foi elevado entre as matriculadas nas primeiras décadas, en especial entre as alumnas de Medicina.

      Dende o curso académico 1928-29 a US supera á media universitaria española en poboación feminina, colocándose á cabeza, a partires de 1939. As diferenzas máis significativas aparecen na Facultade de Ciencias, sendo a que reflicte maior incremento de matrícula entre 1942-1958.

      Non puidemos saber se todas estas mulleres acadaron os seus obxectivos profesionais pero puidemos seguir algúns percorridos vitais que aparecen no apartado de Itinerarios de mulleres máis significativas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno