Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Ensaios sobre demanda e impostos sobre a enerxía

Xiral López Otero

  • Esta tese ten como obxectivo explorar as razóns para os impostos sobre a enerxía, o seu papel específico nun contexto internacional onde os recursos enerxéticos están distribuídos de forma non homoxénea, e os problemas efectos económicos e distributivos provocados pola súa introdución, cos conseguintes incrementos de prezos da enerxía, nunha economía desenvolvida como é a española. A tese consta de cinco capítulos, incluíndo unha introdución. O segundo capítulo actúa coma un marco xeral da tese e unha visión global das razóns teóricas, cuestións de deseño e aplicacións prácticas dos impostos sobre a enerxía. Tamén proporciona algunhas reflexións sobre a probable evolución futura destes impostos, con algunhas observacións xerais e ilustracións de impostos específicos. O terceiro capítulo estuda o papel dos impostos sobre a enerxía nun contexto internacional onde os recursos enerxéticos están distribuídos de maneira non uniforme e provocan problemas ambientais cando se utilizan. Particularmente, analízase, a través dun modelo de dous períodos, a interacción entre un cártel produtor e un país importador (ou grupo de países) dun recurso natural enerxético, o consumo do cal xera un stock de contaminación que se acumula na atmosfera. Considéranse diferentes contextos, comparando as solucións óptimas en cada caso. Os dous últimos capítulos da tese proporcionan información empírica sobre a reacción dos consumidores de enerxía aos incrementos de prezos da mesma. O capítulo 4 analiza a resposta a curto prazo de distintos tipos de consumidores finais (fogares e empresas) a cambios no prezo da enerxía cando se dispón de datos enerxéticos de alta calidade pero incompletos";" mentres que o capítulo 5 analiza a demanda de enerxía para calefacción, tendo en conta que a demanda de enerxía normalmente é unha demanda derivada asociada á compra de bens duradeiros eu consumen enerxía. Para iso, utilízase un modelo de demanda continuo-discreto que contempla esta dobre dimensión da demanda de enerxía (unha decisión discreta de compra de duradeiros que consumen enerxía e unha decisión continua de consumo de enerxí), o que permite obter resultados máis consistentes.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus