Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A tendencia total do cómico en kierkegaard

  • Autores: Oscar Parcero Oubiña
  • Directores de la Tesis: Xosé Luis Barreiro Barreiro (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2010
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Manuel Maceiras Fafián (presid.), Luis Rodríguez Camarero (secret.), Dario David Gonzalez (voc.), Anselmo Manuel Suances Marcos (voc.), Andrés Torres Queiruga (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • O presente traballo ten por obxecto o estudo da concepción kierkegaardiana do cómico e do lugar que este ocupa no conxunto da obra do dinamarqués.

      O traballo desenvólvese en catro capítulos, concibidos progresivamente. O primeiro ocúpase de mostrar o fundamento da concepción kierkegaardiana do cómico presentada na temperá Sobre o concepto de ironía, que logo ha mostrarse vixente en toda a subseguinte produción. O máis importante trazo desta concepción, por Kierkegaard denominada a tendencia total, é o seu vencello co ético, entendido como compromiso coa propia existencia: o total sometemento á negatividade cómica determina eticamente o individuo.

      O segundo capítulo mostra como esa mesma concepción do cómico é ratificada na Apostila concluínte non científica mediante agora o concepto propio de ¿o cómico¿; asemade, ocúpase de demostrar tamén a incapacidade do concepto para capturar a totalidade da concepción kierkegaardiana do cómico, confirmando así a dimensión ética desta.

      No terceiro capítulo móstrase como esta concepción do cómico determina logo unha forma de escritura, aquí chamada escritura cómica, que transforma por completo o status do autor. En obediencia á tendencia total, a escritura vólvese ela mesma un medio de actividade ética.

      Finalmente, o cuarto capítulo ocúpase de ler a totalidade da obra kierkegaardiana na luz da concepción do cómico dela tirada. Móstrase así a produción do dinamarqués como un exercicio de sometemento á tendencia total do cómico con vista á produción ética de si-mesmo, en sintonía cunha concepción relixiosa da ¿verdadeira seriedade¿, aquela que inclúe o cómico.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno