Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Ten sentido unha lexicografía académica bilingüe?: (de lexicografía e Academias)

María-Dolores Sánchez-Palomino, Manuel González González

  • Discurso lido no acto da súa recepción, pola ilustrísima señora dona María Dolores Sánchez Palomino e resposta do excelentísimo señor don Manuel González González. O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 17 de decembro de 2022 no salón de actos da Real Academia Galega. A académica traza no seu discurso unha panorámica da historia das academias das linguas románicas e dos seus dicionarios, dende o pioneiro Vocabolario degli Accademici della Crusca (1612), modelo para os dicionarios homólogos doutros idiomas. Defende tamén na súa intervención a necesidade de que as academias aposten polos repertorios bilingües que cumpren, salientou, unha función comunicativa, social e cultural, ao tempo que participan na conformación e difusión da norma lingüística.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus