Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Ideas para un plurilingüismo dende o galego no Concello de Ames

Henrique Monteagudo Romero, Xaquín Loredo Gutiérrez, Bieito Silva Valdivia, María López Sández, Gabino S. Vázquez Grandío

  • As transformacións das últimas décadas esixen cada vez máis da cidadanía a diversificación das súas destrezas lingüísticas, pero tamén unha predisposición favorable á crecente pluralidade da nosa sociedade que lle permita adaptarse a este novo marco de convivencia. Nesta realidade dinámica e cambiante, o modelo lingüístico do sistema educativo debe atender ás novas necesidades dos e das falantes, á vez que servir como vehículo de integración da súa diversidade.

    Nun contexto social coma o de Ames, no que estas dinámicas se fan sentir aínda máis por mor da urbanización crecente e do impacto da inmigración na súa demografía, cómpre facer unha reflexión sobre a xestión lingüística desenvolvida nos centros educativos de cara á construción dunha proposta de plurilingüismo favorable á nosa lingua e respectuosa cos seus falantes, pero tamén acolledora para esta nova veciñanza e útil para o futuro do alumnado.

    O obxectivo desta guía é contribuír a esta reflexión analizando a situación sociolingüística local, facendo algunhas aclaracións conceptuais ao redor da proposta europea para o plurilingüismo e recollendo algunhas consideracións de cara á planificación lingüística nos centros educativos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus