No presente volume preséntase o resultado do VI Foro do Instituto de Estudo das Identidades (IEI), adscrito ao Museo do Pobo Galego. Este sexto encontro promovido polo IEI realizouse arredor do tema A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, lingua e cultura, baixo a coordinación de Uxío-Breogán Diéguez e Dolores Vilavedra, en colaboración co Consello da Cultura Galega. Vinte intelectuais, organizados en cinco mesas-coloquio, reflexionaron en conxunto durante meses sobre este relevante tema marco, e as súas derivadas, a partir de finais de 2019. Salvando o contexto pandémico, entre novembro e decembro de 2020 desenvolvéronse as presentacións das principais conclusións dos debates suscitados. No presente volume recóllense, así pois, os textos xerados a partir das devanditas reflexións e conversas mantidas en cada unha das devanditas cinco mesas-coloquio, moderadas por cinco especialistas en distintas áreas de coñecemento, a saber: A identidade cultural galega en tempos de globalización, coordinada por Paulo Carlos López, profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela; Identidade, patrimonio cultural e territorio, coordinada pola profesora Concepción Losada Vázquez, vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego e coordinadora do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI); Medios de comunicación, novas tecnoloxías e identidade, coordinada por Ramón Vilar Landeira, xornalista, escritor e exdirector de Vieiros; Cultura popular, identidade e sociedade civil, coordinada por Prudencio Viveiro Mogo, historiador e integrante do consello editorial de Murguía, Revista Galega de Historia e Crear en galego nun mundo globalizado, mesa coordinada por Manuel Blanco, xurista, escritor e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego. Após vinte anos do cambio de século, e inmersa Galiza na progresiva normalización dos enormes e significativos cambios estructurais que aquel trouxo consigo, agardamos que este volime coral deite algo de luz nun tema tan actual, coma complexo e relevante, dadas as consecuencias que o fenómeno da globalización está xa a ter en materia social, lingüística e cultural (e non só)
págs. 9-9
págs. 11-12
págs. 13-14
págs. 15-16
págs. 19-21
Local e universal: notas sobre a identidade galega
págs. 23-32
Globalización e identidade cultural galega: novos paradigmas interpretativos
págs. 33-41
Identidade cultural galega nun mundo transnacional: achegas desde a interseccionalidade e o marco decolonial
págs. 43-57
págs. 61-62
págs. 63-75
Identidade, patrimonio cultural e territorio: a identidade desde a xeografía e a xeografía da identidade
págs. 77-93
págs. 95-102
págs. 103-117
págs. 121-127
págs. 129-138
Medios de comunicación, novas tecnoloxías e identidade: xornalismo local e medios convencionais
págs. 139-149
págs. 151-158
O espello exterior: Galicia nos medios de comunicación internacional
págs. 159-168
págs. 171-172
págs. 173-187
Coas mans na masa: un achegamento á cultura popular galega desde o tecido social
págs. 189-200
págs. 201-216
As outras da identidade galega, mulheres, afrogalegxs e ciganxs: sobre invisibilidades, manipulações, marginalizações e exclusões
págs. 217-230
págs. 233-241
págs. 243-253
Crear en galego nun país do fin do mundo mundializado: a experiencia dun legado de creación
págs. 255-262
págs. 263-273
págs. 275-290
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados