Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Sexo e monstruosidade: unha xenealoxía da policía sexual

Imagen de portada del libro Sexo e monstruosidade

Información General

Resumen

  • A problemática do binarismo, así como a loita contra toda irrefutabilidade biocondicionante, móstranos unha historia convulsa chea de belixerancias e complexos conflitos, dos cales emanaron, como sabemos, moitas das contra-ofensivas resistenciais que deron forma aos contemporáneos discursos post-feministas. Partindo desta evidencia, Antón Fernández de Rota (A Coruña, 1979) analiza en Sexo e monstruosidade o que el chama a “policía do sexo”, un dispositivo historicamente creado por unha determinada matriz político-ideolóxica, que tentou permanentemente regular as condutas e os modos de sentir / pensar. Desde a Revolución Francesa até a os “tecno-travestismos orgánicos”, pasando pola garçonne ou o hermafroditismo, o autor vislumbra a dimensión monstruosa que combateu (e foi combatida por) toda posible manifestación da “policía do sexo”. Un ensaio que nos abre os ollos á consolidación dunha posibilidade antropolóxica non reducida á dominación xenérica á que os recursos da historia policial (sempre teimuda e abafante) nos foi levando.

Otros catálogos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno