Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


El vuelo corto: Mujeres y migraciones en la Edad Moderna

Imagen de portada del libro El vuelo corto

Información General

Reseñas

Resumen

  • No contexto do interese historiográfico polos estudos do xénero, que xurdiu nos anos setenta do pasado século, o auxe da investigación sobre o papel das mulleres apenas tivo en conta a importancia de coñecer por que, como, desde onde e cara a onde se moveron as mulleres até o século XIX. El vuelo corto. Mujeres y migraciones en la Edad Moderna propón un enfoque actualizado, revisando en profundidade a relación entre as mulleres, a mobilidade e as migracións en España, achegando información sobre o papel delas como migrantes, sobre as mulleres sedentarias e sobre as que se viron afectadas pola ausencia dos homes. Tendo en conta que a información de arquivo é escasa no referente á mobilidade feminina, esta obra ofrece unha visión innovadora das fontes dispoñibles para suplir a carencia de datos e evitar os desequilibrios cronolóxicos e territoriais que até agora limitaron a definición da posición das mulleres con respecto á mobilidade. O ángulo de observación é en boa medida demográfico, ao seren a mobilidade e a migración parte dos comportamentos da poboación, pero a migración feminina respondía –como hoxe responde– a outros factores económicos, culturais, mesmo persoais, imperceptibles para a investigación histórica, e de aí que o enfoque social predomine neste libro.

Otros catálogos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno