Ha sido reseñado en:
Gugenberger, Eva / Henrique Monteagudo / Gabriel Rei-Doval (eds.) (2013): Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 326 pp.
Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. 7, 2015, págs. 161-165
A lingüística contemporánea con frecuencia partiu do presuposto de base de que a situación ideal das linguas é o monolingüismo, tanto no plano social coma no individual, presuposto ao que vai asociada a noción de que cada lingua constitúe un sistema pechado, autocontido e autosuficiente que evolúe segundo unha lóxica interna. Endebén, dun tempo a esta parte as situacións de contacto lingüístico e os fenómenos concomitantes están a ser abordados con outra mirada, como casos merecentes dun estudo específico.
As anteriores consideracións son especialmente relevantes cando se pensa na historia e a situación lingüística actual de Galicia, un espazo sociocomunicativo no interior do cal o prolongado contacto entre o galego e o castelán é unha realidade imposible de ignorar, e con todo moitas veces marxinalizada ou non tida suficientemente en conta na investigación académica.
Neste volume, o concepto de hibrididade é posto en discusión; debátese se resulta útil e apropiado no contexto galego, e se é capaz de arrequecer as controversias sobre as dinámicas culturais e lingüísticas en Galicia, así como sobre cuestións referentes á variación social, á norma e ao estandar, á identidade social, e ás actitudes lingüísticas. En definitiva, este volume pretende contribuír ao debate sobre os ineludibles resultados do contacto lingüístico no contexto e desde a perspectiva galega, asícomo a doutras situacións presentes no ámbito da lusofonía en que o debate é máis que actual e relevante.
O cambio de paradigma nos estudos sobre contacto lingüístico: pode ser útil o concepto de hibrididade para a lingüística e a política en España ?
págs. 17-47
A presenza do galego no léxico dispoñible do español de Galicia: análise distribucional
págs. 49-96
A fronteira entre galego e portugués: a perspectiva portuguesa
págs. 97-136
págs. 137-167
" Eu falo castrapo ": actitudes dos adolescentes ante a mestura de linguas en Galicia : estudo piloto
págs. 169-189
págs. 191-220
págs. 221-243
págs. 245-258
Purismo e control normativo na lingua galega: análise crítica dunha proposta actual
págs. 259-286
págs. 287-314
págs. 315-326
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados