Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Querer crer entrever: (expresións críticas de reflexión e lectura)

Carlos Paulo Martínez Pereiro

  • Presididos polo querer crer entrever beckettiano, este volumen recolle un conxunto de exercicios críticos –dous en modo admirativo, vinte de ton ponderativo e catro de teor disertativo– que, como expresións positivas de lectura e de reflexión, o profesor Carlos Paulo Martínez Pereiro redixiu en diferentes momentos desta última década intersecular.

    Tendo sido enxendrados, ao pé da letra e/ou con todas as letras, como textos solitarios, deveñen solidarios entre si, ao se resituaren no continuum discursivo presidido pola elipse en que, aos poucos, tamén se foran xerando. Como telón de palabras redundantes, ademais de se constituíren á maneira dun persoal periplo polo tempo, conforman o espazo da representación dunha particular xeografía literaria, cultural e ideolóxica.

    Coa perspectiva á vez do intruso e do observador do literario, son textos concentrados e, máis ou menos, dilatados –que se queren glosas non estériles e en que se escribe non só sobre literatura, mais tamén de literatura–, con diáfanas estratexias persuasivas para mover á lectura e á reflexión.

    É así que, nestes parámetros, se abordan, case en exclusiva e cunha aproximación non dogmática, diferentes obras de diversos autores dos ámbitos da literatura galega e das varias escritas literarias de expresión portuguesa (africanas, brasileira e portuguesa), así como se diserta sobre o tema da (anti)tradición nas literaturas visadas e mais sobre a relevancia da retoricidade na poesía medieval galego-portuguesa.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus