Este volume recolle dez artigos ligados entre si polo obxectivo central de ofrecer alternativas actuais á situación da lingua galega na actualidade. Mergullándose na complexidade da situación sociolingüística actual, as autoras e os autores dos textos que se inclúen nesta obra colectiva achegan as súas interpretacións reparando nos matices e fuxindo de descricións monolíticas e simplistas. O público lector achará, pois, nestas contribucións discursos heteroxéneos que conflúen na necesidade tanto de preservar o galego como lingua propia e principal deste pais como de denunciar o asasinato das linguas como máis unha ferramenta de opresión e de dominación. Nesta liña, as páxinas deste volume pretenden coadxuvar e reverter a situación actual da lingua galega e obrigarnos a reflexionar críticamente sobre os camiños que debemos tripar. A perspectiva adoptada é fundamentalmente sincrónica, na procura de dar solucións e alternativas pensando e situándose no aquí e no agora desta conxuntura particular. Con todo, sendo a defensa do galego o centro da obra, a ollada que se deita ten como protagonista principal a diversidade lingüística e o convencemento de preservarmos, a través do seu mantemento, as diferentes maneiras de ver o mundo que constitúen unha riqueza substancial para a Terra e para os seres que a habitamos.
págs. 13-53
O galego como lingua de especialidade: usos estratéxicos para a valorización do status de lingua
págs. 55-77
Unha (re)visitación á planificación lingüística actual no ámbito educativo desde a perspectiva da ecolingüística: as posibilidades de construcións alternativas desde a diversidade
págs. 79-110
Terra a nosa!.com: a ideoloxía da imposición e a imposición da ideoloxía
págs. 111-132
Mudarmos o imaxinario comunitario sobre o galego: un reto alcanzable?
págs. 133-159
págs. 161-194
págs. 195-205
A lingua galega: un saber ausente e unha voz silenciada (1900-1936)
págs. 207-215
págs. 217-236
Normalización versus plurilingüismo?: reflexións sobre o lugar do galego no ensino
págs. 237-272
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados