Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Expresión escrita

Imagen de portada del libro Expresión escrita

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • “Claro e seguido” é unha proposta metodolóxica para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoitar, falar, ler e escribir) que lle permitan ao alumnado mellorar a súa competencia comunicativa. Unha proposta que quere ser polivalente, en canto que inclúe máis de duascentas actividades para que o profesorado escolla ou adapte aquelas que máis se axeiten ao seu estilo docente e ao seu contexto académico particular (secundaria obrigatoria, agrupamentos específicos, obradoiros de comunicación, obradoiros de expresión escrita, educación de adultos...). Con todo, este material non foi deseñado como un conxunto de actividades illadas, senón como un método de ensino-aprendizaxe que responde a unha orientación programática da área de lingua focalizada nos procedementos, que entende a asimilación de contidos lingüísticos non como un fin en si mesmo, senón como un medio para acadar ou mellorar a competencia comunicativa.

    “Claro e seguido” preséntase en catro cadernos: «Comprensión oral», «Expresión oral», «Comprensión escrita» e «Expresión escrita», deseñados con idéntica estrutura expositiva.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno