Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Vinte cadernos: Poemas 1969-2002

Imagen de portada del libro Vinte cadernos

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 2003
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-8302-940-4, 84-8302-940-5
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Reseñas

Otros catálogos

Descripción principal

  • “Vinte cadernos (Poemas 1969- 2002)” reune nun único volume toda a poesía publicada por Darío Xohán Cabana. A aparición do libro, prologado por Moncha Fuentes, coincide co cincuenta aniversario dunha das voces líricas galegas máis importantes dos últimos vintecinco anos. A prologuista organiza toda a obra poética de Cabana en tres etapas que abranguen os diversos libros ou cadernos: Mocidade, Afirmación e Madurez. Á primeira etapa, á da Mocidade, corresponden os tres primeiros libros (“Verbas a un irmao”, “Home e terra”, e “Romanceiro da Terra Chá”), textos publicados no remate dos anos sesenta e comezo dos setenta nos que xa se manifesta a fidelidade a unha terra, a unha casa, a unhas orixes, como constantes da súa obra. Na segunda etapa, a de Afirmación, abrangue as obras escritas por Cabana na década dos setenta. Comprende des anos de grande actividade literaria que, en boa parte, coinciden coa súa estancia en Vigo. Cadernos que tocan cordas diversas que van desde o neopopularismo e neotrobadorismo de “Cantigas dos setenta”, “A sede, a auga”, ata o ton altamente político e social de libros varioscomo “Ferrol 72: Daniel e Amador”. Corresponden, tamén, a etapa de Madurez, xa na década dos oitenta en diante, obras tan sobranceiras como “A fraga amurallada”, onde reina e triunfa o soneto; “Patria do mar”, onde ondea burbulla a amizade e a cidade de Vigo; “Cantigas de amor vilao” e “Amor e tempo liso”, onde o amor alampa como protagonista absoluto.

    Para Moncha Fuentes. “Darío Xohán Cabana é quen de nos regañar un universo, un mundo, a Nación que tan laboriosamente vén construíndo desque tiña dezasete anos e que agora se levanta alteirosa contra o tempo e a destrucción. Porque diso trata, a inmensa obra poética de Darío Xohán Cabana: dunha loita permanente, dun valado ergeuito contra a morte e o esquecemento, realizado coas verbas máis fermosas e atroces dunha lingua única”.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno