Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Vento mareiro

Imagen de portada del libro Vento mareiro

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Figura clave da literatura galega de tódolos tempos, Ramón Cabanillas (1876-1959) –de quen nesta mesma colección xa están editadas obras fundamentais como Na noite estrelecida, Da Terra asoballada ou Vento mareiro, na Habana, en 1915.

    Vento mareiro –no texto que hoxe presentamos na Biblioteca das Letras Galegas aparecen tódolos poemas que nalgunha ocasión se editaron baixo este título común- constitúe un poemario central do primeiro Cabanillas.

    Trátase, pois, dun libro-encrucillada no que están presentes tódalas direccións que se prolongan ao longo da obra do noso poeta. Pluralidade temática e compositiva, entón, neste Cabanillas capaz da dicción contida, da chamada á loita agraria, pero tamén da sentimentalidade tardorromántica e idealista. Poeta cívico e, ao tempo, lírico e culturalista, Ramón Cabanillas é, finalmente, unha das voces imprescindibles da nosa mellor poesía de sempre.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno