Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Romanceiro en lingua galega

Imagen de portada del libro Romanceiro en lingua galega

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • Coa presente colección de romances en lingua galega os autores queren demostrar -en contra dunha opinión bastante estendida- que Galicia cantou e recitou historias en verso, sobre todo de carácter novelesco. Moitos coinciden cos romances casteláns; bastantes son comúns á área galego-portuguesa; e tamén existen algúns propios, que non son os de menor beleza. Desde que, en 1863, López de la Vega editou os primeiros romances galegos, foron moitos os folcloristas, etnógrafos e estudiosos da literatura popular que se dedicaron a recollelos. Cabe citar a Manuel Valladares, os irmáns de la Iglesia, Murguía, Saco y Arce, Casto Sampedro, Said Armesto, Hervella Courel, Vicente Risco, Dorothe Schubart e Antón Santamarina. Faltou un gran estudioso, como foi Menéndez Pidal para o romanceiro castelán ou Teófilo Braga para o portugués, pero o volume de material reunido é notable. Probablemente a maior desgracia foi que as mellores coleccións de romances -as de Casto Sampedro e Víctor Said Armesto- quedaran inéditas ata hai pouco. Aínda está sen publicar a obra de Hervella Courel. As coleccións de Murguía e os irmáns de la Iglesia foron incluídas no Romanceiro popular galego de tradizón oral de Lois Carré Alvarellos. Os romances en lingua galega, pola súa calidade, son parte fundamental da nosa literatura e posiblemente no futuro aparezan nas historias de literatura galega, como aparecen nas da literatura castelá, catalana ou portuguesa.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno