Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O tesouro da lagoa de Reid ' Is

Imagen de portada del libro O tesouro da lagoa de Reid ' Is

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 2006
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-9782-481-1, 84-9782-481-4
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid’Is. Aquela montaña de cofres repletos de ouro, diamantes e outras alfaias de valor incalculable, ficara agochada no grandioso pazo do rei e custodiada polos feroces urcos sedentos de sangue e por unha fermosa rapaza de cabeleira vermella, a princesa do lago. Como fixo o avó para baixar á cidade, a capital do Antigo Reino? Conseguiu recuperar algunhas daquelas pezas marabillosas? O tesouro da lagoa de Reid ‘Is de Agustín Agra obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil 2006. Texto de literatura fantástica cunha forte pegada realista, o xurado sinalou como os seus elementos máis salientables a fermosa recreación de lendas tradicionais galegas sobre un fondo de materia artúrica, a recuperación da oralidade, a creación toponímica sobre estruturas galegas (Cidadepedra, país de Alenmar…), o emprego dun léxico rico, inzado de referencias literarias e mitolóxicas, a reinvención de personaxes como o Gaiteiro Manfred (que toca muiñeiras de auga para que lle leven a tristura).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno