Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O milagre das estrelas

Imagen de portada del libro O milagre das estrelas

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 1993
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-7507-739-0, 84-7507-739-0
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Este libro recolle o argumento que dá base a un espectáculo máxico-teatral do Mago Antón, chamado " A Vía Láctea " , co que percorreu o camiño de Santiago, de París a Compostela.

    O Mago Antón monta a súa carpa en París e chega en moto ó escenario, acompañado de Güendoline. Alí, logo dalgunha mostra de maxia, fai aparecer a Carlomagno, Don Roldán e Guilhem de Aquitania (o que coñecemos co nome de Gaiferos de Mormaltán).

    Despois únese a eles o Apóstoto Sant-Iago, que baixa ó escenario nunha barca de pedra para poder resucitar ó Mago Antón, morto por unha demostración de ingravidez sobre a grande espada de Carlomagno. O Apóstolo sobe ó ceo na procura da Vía Láctea (concentrada nunha estrela) para poder salva-lo mago.

    Todos eles emprenden logo o Camiño cara a Compostela. Nese percorrido ocórrenlles cousas que van sendo solucionadas pola maxia do Mago Antón.

    Ata que chegan á catedral. Alí, o Mago converte ó demo nun bloque de xeo, e, tras deixa-los tres personaxes históricos gravados para sempre nunha columna da catedral, desaparece Sant-Iago, de novo na barca de pedra.

    Só queda ó final a estrela na que se concentra a Vía Láctea.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno