Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As horas sucias

Imagen de portada del libro As horas sucias

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • O xornalista televisivo Carlos Seoane dirixe na Canle 69 da cidade de Lugo o magazine diario Estamos.com. Seguidor de Elvis Presley e da comunidade esenia da amizade, Seoane consideraba que o seu programa, para superar o quince por cento de cota de pantalla, debía resumirse “nunha mestura equilibrada de noticias de mañá, bágoas de tarde, tetas de noite, e algunhas carallas multirraciais”, unha receita que Indalecio Guilfrei, o propietario da cadea, consideraba infalible; en definitiva, rexerse por aqueloutra máxima expresada por Xabier Salguetti, o productor do seu programa: “espectacularidade e sentimentalismo: audiencia”. Para atopar “noticias novicias”, como a el gustaba chamarlle ás exclusivas que puideran poñer por diante á Estamos.com das Crónicas Marcianas de Tele 5 ou dos programas brancos emitidos pola canle rival, Famigal, Seoane non dubidaba en emitir mentiras ben contadas, convencido de que nas ondas se travestirían en verdades absolutas. Velaí como o equipo do seu programa pretendía conseguir en exclusiva as imaxes do secuestro do narrador Manuel Rivas por parte dun grupo neonazi nun encontro de escritores no Concello co gallo das festas patronais. Secuestro o do famoso escritor que resultará equivocado e dará pé á desaparición de Federico Rodríguez Novo, o arqueólogo responsable do informe de patrimonio sobre a conveniencia de construír un centro comercial no antigo foro romano, feito que intentará desvelar o subcomisario de policía Alberte Sanxil.

    As horas sucias supón a volta de Jaureguizar á novela negra, á reinvención do xénero negro galego convertido polo escritor lucense en “negro de batea”. Narratividade trepidante, linguaxe fresquísima, humor delirante, presencia constante da televisión convertida en espello da sociedade contemporánea, cotidianidade exhuberante, e a cidade de Lugo convertida en escenario dunha trama de intrigas, corrupcións e escandalos urbanísticos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno