Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A vida apoteósica

Imagen de portada del libro A vida apoteósica

Información General

  • Autores:
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 2001
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-8302-643-4, 84-8302-643-0
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • A figura do dragón sobrevoa, a única cidade da redonda orientada ó crepúsculo. Así comeza Bieito Iglesias unha novela onde hai delincuentes sensitivos e prostitutas sentimentais (o que Nabokov chama “literatura sensacionalista”); pero isto é a penas o folión que inicia a festa da noite do 24 de xullo en Compostela. O elenco de personaxes e faits divers ilustran un fragmento de vida histórica na Compostela actual. Personaxes de variada traza, dende a clase media con ínfulas capitalinas ó mendigo preindustrial, que orixinan escritas contrapostas –literatura de decepción versus poesía pasoliniana da bela xente que ignora as meiguices burguesas–. Individuos que non pretenden ser arquetípicos, e que, tocados polo anxo do singular, camiñan sós pola cidade e pola historia. Neste relato non hai alegoría ou desfile de máscaras, descríbese sen hipérbole e sen idilio. A musa que o inspirou ten un puñal. Pero si hai humor: a gargallada do pallaso branco que fai a burla dos demais; e a do pallaso vermello que ri á conta de si mesmo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno